Javier Castrelos Fernández

Da miña a_MG_0930ficción á música aprendín que, como na vida, todas as accións teñen ritmo, e cada persoa imprime un ritmo particular ás súas accións.

Son técnico en tratamiento e xestión eficiente da augua e técnico en prevención e control de legionella. Durante os seis últimos anos levei a cabo o mantemento preventivo de máis de 60 instalacións ao mes en toda Galicia. Visitei hospitais, colexios, piscinas, balnearios, industrias alimentarias, do naval, do textil e numerosos edificios públicos. Gústame pensar que, humildemente, contribuín ao coidado do medioambiente e á saúde das persoas, traballando por un funcionamiento máis eficiente das industrias.

E porque sigo conservando aquela curiosidade incesante de cando era pequeno, no 2014 dei o paso emprendendo e convírtome en colaborador necesario para a creación de “Gaia dos Nenos” Sociedade Cooperativa Galega, un espazo que conecta o ecolóxico coa maternidade e a crianza.

Preguntarme por que, onde, cando, como… é e seguirá sendo a miña forma de superarme cada día.

Ligazón ao meu perfil de Linkedin

Advertisements