Iago Raposo Mera

Aprender e seguir aprendendo. Soñar e seguir soñando.

Vivín en catro estados con diferentes idiomas, culturas e sobre todo con persoas diversas. A vida foi e é un reto no que hai que superarse a diario.
Dirixín equipos e tirei o mellor de cada persoa, e eles devolvéronme unha versión mellorada de min mesmo.
Organicei eventos e conferencias, viaxes culturais e visitas turísticas nas que sempre acheguei as miñas experiencias e a miña visión.
Como docente de lingua estranxeira colaborei cos meus estudantes en elaborar clases máis participativas, por exemplo deseñando proxectos e coa axuda do uso das TIC
Son unha persoa creativa, soñadora e ao mesmo tempo cos pés na terra para acadar aos meus obxectivos e contribuír a que outras persoas acaden os seus do xeito máis eficiente.
Así son.

Ligazón ao meu perfil en Linkedin

 

Advertisements