Fai pouco presentouse no concello de Santiago a 2ª edición de COLABORA. Vivo este momento con sentimentos encontrados, por una volta de morriña, xa que fai case un ano que fun participante deste pioneiro programa de emprego, e por outra dun sentimento de logro, pois nesta edición formo parte do equipo docente de Colabora II.
A miña aventura como participante sempre a describo como una experiencia totalmente recuperadora , transformadora e de forza de equipo.
Recuperadora, porque cando comezo este camiño a miña situación emocional laboral non era a máis adecuada pois levaba desempregada case dous anos. Gracias as metodoloxías empregadas neste programa: psicoloxía positiva, intelixencia emocional, sesións de acompañamento…. volvín a por en valor toda a miña traxectoria profesional.
Transformadora, porque me a xudou a superar medos, a empoderarme, a saír da miña zona de confort e adquirir novas habilidades, en definitiva a retarme. Cambiei os meus patróns mentais por outros máis positivos, o que me axudou a converterme nunha Xeractora de Oportunidades.
-“Si cambias a túa mente cambias a túa Vida “Mario Alonso Puig. Médico-
Forza de Equipo, Que podo dicir do meu equipo? Tíñamos tanta forza que lle cambiamos o nome o programa. Pasou de Colabora I a XerAcciónXV.
O equipo converteuse nun espazo de enriquecemento tanto a nivel profesional como persoal. Profesional porque a través dos nosos valores, solidariedade e coñecemento compartido adquirimos novas competencias entre nos e persoal porque ahí estamos todos nos malos momentos.Somos compañeiros de viaxe .
Como equipo tamén xeramos oportunidades. Como? Levamos a cabo dous proxectos:
Soltando Lastre: Vídeo reivindicativo sobre novas formas de encarar as políticas de emprego.
Reinventio Compostela: Evento que ten como protagonistas a xente valente que conseguiu darlle a volta a unha situación complicada , xa sexa a nivel persoal ou profesional (Actualmente preparando a segunda edición ).
Como vedes COLABORA é mais ca un programa de emprego, é unha experiencia de acción social colaborativa. Transforma a persoas que buscan traballo en profesionais que xeran oportunidades laborais e de emprendemento .
POR ISO, Se queres subirte a esta aventura inscríbete en :
Inscripcións do 9 ao 28 de septembro.