Resumo da Reinventio Compostela 2ª edición

No serán do pasado de, 1 de febreiro, no Airas Nunes celebrouse a segunda edición da Reinventio Compostela organizada por nós, XerAcción XV.

 

Nesta ocasión foron catro historias de cambio protagonizadas por seis mulleres. Catro historias inspiradoras que nos fan crer que os cambios de vida son, en moitos casos, necesarios e frutíferos aínda que arriscados.

 

Comezaron a velada as tres mulleres de Gaia dos Nenos: Elena, Miriam e Sonia. Procedían de mundos tan dispares como a avogacía da banca, a enxeñaría informática e o audiovisual. Mais os seus valores non se correspondían cos seus traballos, dsc_0446especialmente cando a familia pasa a ser o eixo das súas vidas. Gaia dos Nenos é unha casa onde pesan tanto os valores como a familia. Tenda de alimentación ecolóxica, xoguetaría especializada, centro de formación e información de nais e pais. A súa primeira creación (ou parto como din elas) o Bambán, unha táboa curva de bidueiro galego, que permite aos máis pequenos xogar ao ar libre e fomentar a súa imaxinación.

 

A segunda historia persoal e de reinvención protagonizouna Euri Castillo. Xornalista venezolana, afincada en Galicia dende hai 17 anos, que lle gusta “chismear” no fondo das persoas cando as entrevista, e quixo facelo con ela mesma. dsc_0452De pequena soñaba con poder vivir noutras épocas, antigo Exipto, Roma… Despois dunha estadía en París, mudou no seu soño, época por lugar. Posteriormente, casou cun galego e tras vivir en Venezuela, cambiaron a sús residencia a Galicia. A emigración supuxo cambio, medo, ansiedade, e tamén inmersión cultural e social, costumes, vocabulario. A observación e o contacto coas persoas propiciada en boa medida polo seu fillo, co que ía aos parque infantís, potenciaron esa inmersión. Tanto que chorou cando morreu Carmen Sevilla e co Prestige. Aí percatouse que xa formaba parte de aquí, que xa non era tanto de alá e era máis de acá. Xa podía optar á nacionalidade, ela xa se autorrecoñecía como galega. Tiña dereito a ela por estar casada cun galego, mais non quería un novo pasaporte, ela quería gañar un país.

 

Sandra Barral. Había un soño e moitas escusas. Despois de vivir un terremoto para o que “non estaba vestida para a ocasión” e non cumplira os seus soños, tomou a decisión de apracar a súa vida de executiva en distintos ámbitos da comunicación e tomarse un tempo para si mesma.dsc_0457 De ter unha axenda anual planificada en xaneiro para tomar café co presidente de Colombia, para preparar a presentación dun disco de Sting ou Marta Sánchez; pasou a facer un galiñeiro, dar clases de español, de inglés,… Buscou o seu sitio en Canadá, EUA, Alemaña, non quería frío e precisaba do mar polo que foi a Mallorca, Valencia, Barcelona. O seu entorno non comprendía esta tolemia, por momentos ata ela mesma se sentía culpable de ter abandonado o luxo e as viaxes en primeira por esta nova situación, sen traballo e perdida. Mais era feliz. Non tiña axenda. Cinco anos pasaron ata que parou en Pontevedra. Cinco anos de crecemento persoal: Aprendeu a arriscar, a confiar, a prestar atención, a fluír. Reinventouse dende ela mesma, pasando de xefa estrita a vivir. “O mellor xeito de ver o futuro é crealo, pero leva tempo”. Descubriu algúns dos significados do tempo: Dubidar, caerse, erguerse, experimentar, arriscar entre outros, e así nace Happiness Lab, club para o crecemento persoal, en Pontevedra.

 

E finalmente, África Rodríguez quen mudou o dereito en Madrid polo espazo de coworking Arroelo en Pontevedra. Este cambio non foi automático nin de súpeto. Comezou pouco a pouco, dende unhas necesidades físicas, o seu corpo comezou a pedir. Necesidade de ir a clases de flamenco onde era realmente feliz, non no traballo. Precisaba non sentirse atada e cambiou de piso; retomou a colaboración cunha axencia de refuxiados, onde fixera unhas prácticas e na que fora moi feliz.dsc_0460-1 Unha situación familiar precipitou esa volta á casa. A inspiración familiar, especialmente da súa avóa Lola, xunto coa súa socia e a chegada de xente pouco a pouco van fornecendo o nacemento de Arroelo. Esta reinvención persoal é sometida a unha revisión cada seis meses mediante a seguinte cuestión “Que é o que te move do que fas?”

Só nos queda agradecer a presenza destas catro mulleres Reinventio e agardar que na vinderia ocasión calquera de vós que esteades lendo isto queirades pasar a ser persoar Reinventio 🙂

Unha forte aperta de de Parte de Xeracción XV, Carmen Suárez, Iago Raposo, Raquel Noia e Carmen Torres. Aquí , moi orgullosas e orgulloso, coas 4 novas mulleres Reinventiodsc_0471

As fotos son de Carmen Torres @Maka_SCQ

 

Advertisements