Silencio! 5… xerACCIÓN

Onte, 17 de febreiro, exactamente ás 17:00  no Espazo de Coworking Doutroxeito, por fin escoitamos o primeiro “clak” da claqueta e comezamos a rodar o noso video reinvindicativo. Dirixidos e dirixidas magnificamente por Sabela e Adri da produtora Illa Bufarda e despois de varias semanas de preparación do guión, un guión colaborativo apelando á intelixencia colectiva, convertémonos en actores e actrices, produtores e produtoras, guionistas, axudantes de direción…Todo aquilo que ten que ver con esta fantástica aventura na que nos metemos de cheo.

Pasar a acción é que nos move, o que nos motiva e esta rodaxe é mostra disto.Formar parte da gravación desta curta é todo un reto do que imos aprendendo día a día, buscar localizacións, facer o guión, remodelar o guión unha e outra vez, aprender o mesmo, buscar atrezzo, organizar as esceas, buscar extras para as esceas máis multitudinaras…Sempre xorden pequenas cousas que non estaban no guión, nunca mellor dito, e temos que buscarlle unha solucións instantánea. E por riba de todo queremos mostrar que hai outros xeitos na procura de emprego. A ver se o conseguimos! 🙂

Somos XerActores e XerActrices e este é o cambio que precisamos.

Deixámosvos a presentación da produtora  Illa Bufarda para que se vos vaia facendo a boca auga coas marabillas que fan 🙂

Advertisements

E tivemos unha conferencia de prensa

O pasado 25 de xaneiro ás 12 da mañá na sala de prensa do Concello de Santiago dous dos colaboradores/as de Xeracción XV enfrentámonos á nosa primeira conferencia de prensa. Foi unha experiencia, despois de pasar os típico nervios, moi enriquecedora e gratificante. As preguntas foron sobre o proxecto, as sesións grupais, os retos semanais, as sesións e guías individuais e o que significa para nós este proxecto de acción social colaborativa.

Saímos moi satisfeitos por poderlle mostrar a máis persoas o gratificador que é achegar os teus coñecementos para que os teus compañeiros e as túas compañeiras aprendan con cada un e cada unha de nós. Saímos con ganas de seguir colaborando coa idea de mudar a idea actual da busca de emprego.

E agora temos a confianza que nos dá saber que o mundo camiña cara a colaboración e nós estamos nese camiño 🙂

Conferencia de prensa