Que é XerAcción XV?

   XerAcción XV é un movemento cooperativo e colaborativo baseado na xeración de oportunidades de cara a mellorar a empregabilidade dos seus e das súas integrantes; a volta á esencia do noso ser social. Nado do Proxecto Colabora de fomento do emprendemento social e o intraemprendemento e organizado desde o Concello de Santiago de Compostela. Nas áreas de economía social e desde promoción económica

   Composto por un equipo de 15 profesionais de diversos sectores en situación actual de desemprego, XerAcción XV é una aposta pola empatía, a resposta ao desengano cos xeitos tradicionais de busca de emprego. Trocamos inmovilismo, falta de perspectivas e perda de autoestima  por  ACCIÓN. Por participación activa nun ambiente de solidariedade, por unha comunidade comprometida e motivada coa fin de xerar un cambio, tanto en nós mesmos e nós mesmas coma no noso entorno.

   Apostamos por un cambio de paradigma; polo empoderamento, polo desenvolvemento da marca persoal, pola forza da rede profesional, pola responsabilidade compartida na busca proactiva de novas posibilidades profesionais e persoais. Por non deixar de ilusionarnos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s